mecánico -ca
mecánico -ca
(< lat mechanĭcu < grμηχανικός)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á mecánica.
-
adx
Aplícase ao aparato ou ao sistema cun funcionamento que se pode explicar exclusivamente polas leis da mecánica clásica, sen que interveñan fenómenos eléctricos ou hidráulicos, entre outros.
-
s
Persoa que monta ou repara máquinas.
-
adx
-
adx
Relativo ou pertencente ao traballo manual.
-
adx
Aplícase á acción ou ao movemento dun órgano en que a intelixencia ou a vontade non toman parte.
Confrontacións: inconsciente. -
instrumentos mecánicos
[MÚS]
Aparatos que producen sons musicais mediante algunha maquinaria, que permite accionalos sen interpretar persoalmente a música, servíndose de manubrios ou pancas, baseándose no principio do papel perforado (pianola) ou alimentados por motores ou corrente eléctrica.
-
mecánico dentista
Protésico especializado en próteses dentais.