2 media
2 media
(< medio)
Dados os valores ou observacións x1, x2,..., xn, valor x definido como a suma de todos eles dividida polo seu número, é dicir:
FORMULA
A media x ¯ así definida é denominada tamén media aritmética e valor medio. Non hai que confundir esta expresión coa de media ponderada, en que os coeficientes dos xj son os coeficientes de ponderación. Se se parte dunha distribución teórica, os fj serían substituídos polas probabilidades teóricas, neste caso a media denomínase esperanza matemática da distribución. Outras definicións de media son a media xeométrica, que é a raíz enésima do produto das observacións, a media harmónica e a media cuadrática.