Medina de Pomar

Medina de Pomar

Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado na ribeira dereita do río Trueba (4.870 h [2001]). A agricultura, de secaño e de regadío, é o principal recurso económico   do municipio. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo medieval e o convento de Santa Clara.