Medina del Campo

Medina del Campo

Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en Tierra de Medina e regado polo río Zapardiel (19.907 h [2001]). É o nó ferroviario da rexión e dispón de industrias alimentarias, da madeira, metalúrxicas e químicas. Domina a zona o castelo de La Mota, situado a 720 m de altitude, que comezou a construírse en 1441 e que foi residencia de Isabel I a Católica. Reconquistado por Afonso VI, foi punto de reunión da corte e contou coa feira de gando máis importante da Península Ibérica.