medio -dia

medio -dia

(< lat medĭu)

  1. adx

    Que é equivalente á metade de algo.

    Ex: Comeu media barra de pan.

  2. adx [MAT]

    Que está igualmente lonxe dos dous extremos de algo en situación, magnitude, calidade, grao ou valor, ou entre dúas partes ou cousas determinadas nunha sucesión.

    Ex: Obtivo o punto medio dun segmento. A profundidade máis grande atópase no curso medio do río.

  3. adx

    Que resulta de facer unha media.

    Ex: A túa nota media non chega a notable.

  4. adx

    Que é imperfecto ou incompleto.

    Ex: Saudounos cun medio sorriso.

  5. adx

    Que se corresponde cos caracteres máis comúns dun grupo ou clase.

    Ex: Considérase un español medio.

  6. adx

    Que é de mediana calidade.

    Ex: Comprou un coche de tipo medio.

  7. adx [LING]
    1. Que se articula entre a parte anterior e a posterior da cavidade bucal. Así é vogal media o a con respecto ás extremas i e u.

    2. Que ten o grao de abertura intermedio entre o das vocais pechadas e o das abertas.

  8. adx [ANTROP/FISIO]

    Aplícase ao individuo que ten o índice facial superior entre 48 e 52,9, polo que a súa cara é media.

  9. adx [DEP]

    Aplícase a unha categoría de certos deportes de combate que vén marcada polo peso dos loitadores. Así, en boxeo comprende entre os 60-75 kg e en full-contact entre 65 e 72 kg.

  10. adx

    Gran cantidade de algo.

    Ex: Medio mundo morre de fame.

    1. s m

      Punto ou momento situado entre dous extremos.

      Ex: Cortou a tea polo medio. Chegou no medio da noite pedindo axuda.

      Sinónimos: metade.
    2. medio interplanetario [ASTRON]

      Parte do sistema solar situada entre os planetas.

    3. medio interestelar [ASTRON]

      materia inter-estelar.

  11. s m [ECOL]

    Conxunto de condicións ambientais que constitúen o marco en que se desenvolve a existencia dun ser vivo ou dunha comunidade. Comprende todos os factores que inflúen no desenvolvemento dun organismo, exceptuando o factor xenético. Os organismos presentan un grao elevado de adaptación a calquera medio. O estudo dos diferentes medios biolóxicos e das relacións entre estes e os organismos é o obxecto dunha rama da ecoloxía chamada autoecoloxía. Os medios máis típicos son o terrestre e o acuático. No medio terrestre os seus ecosistemas son determinados polo clima, o substrato e as interaccións entre as poboacións. O medio acuático é o conxunto de condicións que se dan nos ríos, nos lagos, etc, e pode estar dividido en medio mariño e medio dulciacuícola. O medio mariño presenta factores que actúan de xeito diferente sobre os organismos que habitan nel e fan que estes se adapten. As plantas e os animais do medio mariño constitúen tres grupos principais: o bentos, o plancto e o necton. O medio mariño foi moi estudado polos oceanógrafos (oceanografía). A industrialización favoreceu a contaminación do medio, o que afecta á supervivencia de moitas especies. Moitos ecólogos estudian esta cuestión e tentan procurarlle solucións, como a creación de grandes reservas naturais con especies vexetais e animais, a regulación radical do consumo de enerxía con efectos contaminantes, a procura de especies indicadoras de contaminación, etc. OBS: Tamén se denomina ambiente ou medio natural.

  12. s m

    Ambiente en que se move e actúa unha persoa.

    Ex: Procede de medios aristocráticos.

  13. s m

    Aquilo que serve para chegar a un fin.

    Ex: Que medios empregou para conseguilo?

    1. s m [FÍS]

      Substancia a través da que actúa unha forza, se transmite un efecto.

    2. s m

      Elemento ou substancia que envolve unha cousa.

      Ex: O aire é o medio en que vivimos.

    3. medio de contraste [MED]

      substancia de contraste.

    4. medio de cultivo [MICROB]

      Substrato que se emprega para facer crecer e multiplicar organismos vivos, especialmente microorganismos. A procura de medios de cultivo baséase na necesidade de conseguir, no laboratorio, a conservación e a reprodución de moitos microorganismos.

    5. medio interno [FISIOL]

      Conxunto de líquidos extracelulares que envolven as células dun organismo sen comunicación co exterior. No home comprende o plasma intersticial, o sangue e a linfa. Serve para o intercambio enerxético e material do organismo co medio externo e ten unha relativa constancia homeostática.

    6. medio selectivo [MICROB]

      Medio que permite separar especies ou estirpes bacterianas dunha inoculación, mediante a aplicación das técnicas do illamento directo ou do cultivo de enriquecemento.

    1. s m

      Recipiente de madeira para conter viño cunha capacidade de tres moios, que pode variar segundo as zonas.

    2. media cántara

      Recipiente con capacidade para oito litros.

  14. s m [MAT]

    Fracción que ten por denominador o número 2. Represéntase como 1/2 e lese ‘un medio de’.

  15. s [DEP]

    mediocampista.

  16. s m pl

    Recursos económicos.

    Ex: Os medios cos que conta non son suficientes.

  17. adv

    Non de todo.

    Ex: É medio rubia.

  18. medio bocel [ARTE]

    Moldura convexa que ten por sección un semicírculo.

  19. medio de comunicación [COMUN]

    Cada un dos órganos como a prensa, a radio e a televisión que se encargan de difundir información ao público.

Frases feitas

  • No medio/Polo medio e medio 1 Na metade ou pola metade.

  • 2 Que está estorbando.

  • Por medio de. A través de.

Refráns

  • A galiña na casa rica sempre pica.
  • Agulla e fío é medio vestido.
  • As teña eu para voar, que o cibo non ha faltar.
  • Cada me niño ao nacer trae un pan baixo do brazo.
  • Cada pobre enterra o seu pai como pode.
  • Cada un estende a manta seguendo é a cama.
  • Con bo pano e bo xastre faise un bo traxe.
  • Con nada non se fai nada.
  • Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
  • Dá Deus de comer a quen non ten dentes.
  • Dá Deus fabas ao que non ten queixadas.
  • Dá Deus mocos ao que non se sona.
  • Dá Deus panos ao que non ten narices.
  • Dá Deus que roer ao que lle faltan moas e dentes.
  • Dá Deus talladas ao que non ten dentamia.
  • Dáme quilla" e dareiche millas.
  • Enriba dun ovo pon unha galiña.
  • Fun á casa do meu veciño e avergonceime, vin á miña e goberneime.
  • Haxa carne para comer, que fame non ha de faltar.
  • Mal camiño non vai a bo lugar.
  • Mal vai a barca sen remos cando o mar non está quedo.
  • No tear déixemo Deus poñer, que, inda que sexa o diaño, hao tecer.
  • O mellor danzante tópase ás veces sen castañolas.
  • O que non pode, cos dentes acode.
  • O que ten boca, sopra.
  • O que teña ás para voar, logo atopará un pombal.
  • Onde hai cepos logo se fan achas.
  • Palleiro sen palla non se pode facer.
  • Pedra sen auga non aguza na frágoa.
  • Polo rabo da culler vai o gato á ola.
  • Por bo camiño vaise a mal lugar.
  • Por mal camiño vaise a bo lugar.
  • Por todas partes se vai á miña casa.
  • Por todas partes vaise a Roma.
  • Se Deus me pon onde o hai, xa arranxarei eu o demais.
  • Se queres ter ovos, mantén a galiña.
  • Tendo liilgua e que comer, o home vai a onde quer.
  • Tendo lingua e que comer vai o home a onde quer.
  • Tres cousas pediría, se Deus mas dese: a tea, o tear e a que tece.
  • Vai a carto a vaca, pero o que non ten un carto non a cata.
  • Vive como poi das e non como queiras.
  • ¡Benia os meus bens que remedian os meus males!
  • ¡Deus dea que comer, que as ganas elas virán!
  • ¿Por que non casas, Xan? -Porque vai moi caro o pan.