Médulas, Las
Médulas, Las
Paisaxe natural de carácter ruiniforme situada na comarca do Bierzo, no extremo occidental da provincia de León, Castela e León. Está composta por barrancos e picoutos de terra núa e vermella. Destaca a súa flora autóctona de castiñeiros, carballos e uces e unha fauna composta por xabarís, corzos, lobos, gatos bravos e raposos. Esta zona acolleu unha explotación aurífera romana (ss I a C-II), que supuxo que o terreo se transformase polo método da ruina montium, que consistía na canalización da auga dos ríos a través de canles feitas artificialmente cara aos depósitos de distribución e refinamento. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1998.