Medulio, Batalla do monte
Medulio, Batalla do monte
Enfrontamento que tivo lugar no contexto dos últimos anos das Guerras Cántabras (29-19 a C), que se desenvolveu no monte Medulio (Mons Medullius), entre os romanos e os pobos do norte peninsular (galaicos, cántabros e ástures). As tropas romanas foron dirixidas polos legados M. V. Agripa, C. Furnio e P. Carisio xunto con C. Antistio, baixo as ordes de Octavio Augusto. Escavaron un foso como sistema de asedio e os peninsulares ao verse sometidos, suicidáronse en masa para evitar a escravitude.