Meerut ou Mērath
Meerut ou Mērath
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, situada ao NL de Delhi (753.778 h [1991]). Posúe producións de azucre, téxtiles e confección de algodón, fariñas, aceites e graxas vexetais. Fundouse no s III a C e Timūr Lang conquistouna en 1398. A mediados do s XIX produciuse a insurrección dos sipaios.