megacolon
megacolon
(< mega- + 1 colon)
-
s
m
[PAT]
Anomalía anatómica do colon que se caracteriza por unha gran dilatación do segmento intestinal afectado.
-
megacolon adquirido
[PAT]
Megacolon consecuencia dun proceso orgánico que provoca unha estenose do mesmo. É propio de nenos psicóticos ou débiles mentais que se resisten a tentar defecar, co que o colon queda progresivamente estancado.
-
megacolon conxénito
[PAT]
Dilatación permanente do colon que se produce pola ausencia de células ganglionares parasimpáticas nos plexos submucosos e mientéricos. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Hirschprung.
-
megacolon tóxico
[PAT]
Complicación grave da colite ulcerosa que se produce cando as úlceras afectan á capa muscular do colon, que perde o ton e se dilata masivamente.