Mehring, Walter

Mehring, Walter

Escritor. Autor de prosa narrativa, teatro e, sobre todo, poesía satírica, pertenceu ao dadaísmo berlinés e ao círculo expresionista Der Sturm. Foi perseguido polo réxime nazi e emigrou a EE UU. Da súa obra destacan os libros de poesías Gedichte, Lieder und Chansons (Poesías, cancións e coplas, 1929), Zwölf Briefe aus der Mitternacht (Doce cartas da medianoite, 1971) e Grosses Ketzerbrevier (Gran breviario de herexes, 1974).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Berlín

  • Deceso

    Lugar : Zúric