Meiji, época

Meiji, época

Época de Xapón que correspondeu ao reinado do Emperador Mutsuhito I de Xapón (1867-1912), coñecida tamén como época ilustrada. Neste período o país transformouse nunha potencia moderna mediante a industrialización e a reorganización da estrutura do poder como a supresión do shōgunado.