meigo -ga
meigo -ga
(< lat magu < gr μάγος)
-
adx
Que enfeitiza ou encanta.
Ex: Aquel home tiña un atractivo meigo.
-
s
Persoa con poderes sobrenaturais que adiviña o porvir, realiza curacións, esconxuros ou que sanda con recursos da medicina natural.
Ex: Aquela meiga adiviña o futuro por un prezo módico.
Confrontacións: bruxa, bruxo. -
meiga chuchona
[MIT]
Meiga que lle chupa o sangue aos nenos.
Frases feitas
-
Meigas fóra. Expresión coa que se protexe contra a mala sorte.
-
Ter a meiga enriba/botarlle a meiga. Padecer alguén moi mala sorte durante un determinado período de tempo.