Meijide Pardo, Antonio

Meijide Pardo, Antonio

Filósofo e historiador. Socio numerario fundador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, tesoureiro e membro numerario da Real Academia Galega, foi vicepresidente do Padroado da Biblioteca do Real Consulado da Coruña. Investigou a invasión inglesa de 1719 e as reais fábricas en Galicia. Escribiu La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII (1960), Documentos para la historia de las reales fábricas de Sargadelos e Escritos e autores na Galicia da Ilustración (1982). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Sociedad Geográfica de España. Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e a Medalla Castelao (1996).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : O Barco de Valdeorras