Meilán, Santiago de

Meilán, Santiago de

Igrexa parroquial situada en Lugo. Construída en estilo románico rural durante a segunda metade do s XII, foi reformada nos ss XVII e XVIII. Ten planta rectangular, con muros de cantería de granito e ábsida cuberta con bóvedas de canón e cuarto de esfera. Destaca a súa torre-campanario de dobre corpo, cuberta con cúpula en forma de esfera, os canzorros dos muros no exterior e o cruceiro da entrada, realizado en cantería. A fachada principal, con portada arquitrabada e frontón historiado cunha imaxe do Apóstolo Santiago, reformouse durante o Barroco (comezos s XVII). No interior destacan os retablos barrocos e as esculturas de Santiago Peregrino, san Xosé, san Pedro e da Inmaculada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1982.