Meinong, Alexius

Meinong, Alexius

Psicólogo austríaco. Foi profesor de psicoloxía experimental en Graz desde 1899. Discípulo, con Edmund Husserl, de Franz Brentano, orientou o seu pensamento nunha dirección paralela á fenomenoloxía, en particular na teoría do obxecto coñecido fóra de toda existencia. Escribiu de Über die Annahmen (Sobre as asuncións, 1902) e Untersuchungen zur Gegenstandtheorie und Psychologie (Investigacións sobre a teoría do obxecto e a psicoloxía, 1904).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lemberg, Galitsia

  • Deceso

    Lugar : Graz