Meiranes Valladares, Pedro

Meiranes Valladares, Pedro

Arquitecto e entallador. Traballou baixo o mecenado do arcebispo Antonio de Monroy na reconstrución do pazo arcebispal de Santiago de Compostela e na capela do Espírito Santo da catedral compostelá, para a que realizou os retablos maior e o colateral de San Sebastián, e os moldes para a reixa da porta de entrada da balaustrada e para a escaleira do coro.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : XVIII