Mekong
Mekong
Río do SL de Asia (4.180 km). Nace nos montes Tanglha, no L do Tibet, corre por profundos vales e, despois de atravesar o altiplano de Yunnan, forma fronteira entre Myanmar e Laos e, máis adiante, entre Tailandia e Laos. Continúa en dirección S, a través de Camboxa e República de Vietnam, e desemboca, formando un gran delta, no mar da China meridional. Ten fortes variacións estacionais. En Phnom Penh divídese en dous ramais e comeza o gran delta, que constitúe unha das rexións arroceiras de Asia. As cidades máis importantes situadas no delta son Phnom Penh e Can Tho. Thanh Pô Hô Chí Minh sitúase ao L. Ofrece poucas condicións para a navegación.