Meliana

Meliana

Municipio de València, Comunitat Valenciana, situado na costa, ao N da cidade de València (8.988 h [2001]). A agricultura é unha actividade importante na que destaca o cultivo intensivo de hortalizas, como melóns, patacas, leitugas e, en menor medida, os campos de laranxeiras. A industria está moi diversificada, coa metalurxia, o moble, os materiais para a construción ou o coiro.