Memfis

Memfis

Capital do Exipto antigo da dinastía I á VIII (3100-2160 a C) ou, segundo algunhas fontes, da III á VIII (2686-2160 a C). Capital artística e política do país no Reino Antigo, foi un centro relixioso, estratéxico, por ser a chave do delta, e administrativo durante toda a historia faraónica. Ocupada polos hicsos (1674 a C), foi a partir da dinastía XVIII unha cidade cosmopolita, que Ramsés II, da XIX dinastía, embeleceu considerablemente. Durante as dinastías XXII-XXVI (945-525 a C), foi conquistada polo rei cuxita Py ou Piankhi (730 a C) e polos asirios Assarhaddon (671 a C) e Asurbanipal (667 a C) e restaurada polos saítas da dinastía XXVI. A partir da fundación de Alexandría (322 a C), iniciou a súa debilidade económica, aínda que na época ptolemaica (323-330 a C) continuou a ser o principal centro relixioso de Exipto. Durante o período musulmán as súas edificacións foron espoliadas para construír o vello Cairo, e no s XII era xa un campo de ruínas. Foi escavada por G. B. Caviglia, H. Sloane, W. M. Flinders Petrie e polo servizo de antigüidades exipcio. Dos edificios que se manteñen destaca o templo de Ptah, a súa divindade principal. Consérvanse as necrópoles de Al Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ǧ iza, Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ṣ aqqāra, Abū Roaš, Abūsīr e Dahshūr, inauguradas polos soberanos do Reino Antigo. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1979).