Memnon
Memnon
[MIT]
Rei dos etíopes, fillo de Titón e de Aurora. Acudiu a Troia para axudar a Príamo na contenda contra os gregos, e matou a Antíloco, amigo de Aquiles. Este, ansioso de vingar o amigo, matouno nun combate, pero polos rogos da nai obtivo de Zeus a inmortalidade. A tradición deulle o seu nome a unha das dúas estatuas de Karnak que, en realidade, representa a Amenofis III.