menor

menor

(< lat minōre)

  1. adx Antónimos: maior.
    1. Que é inferior en tamaño a outra cousa.

      Ex: O pé de Xoán é menor ca o de Manuel. O cadro da dereita é menor ca o cadro da esquerda.

      Antónimos: maior.
    2. Que é máis pequeno en idade ca outra persoa.

      Ex: O tío de Carlos é menor ca a súa irmá. É a menor de catro irmáns.

      Antónimos: maior.
    3. Que é inferior en número a outra cousa.

      Ex: A distancia que hai da miña casa á túa é menor ca a que hai da túa á de Ester.

      Antónimos: maior.
    4. Que é de menos importancia ou categoría.

      Ex: A obra menor deste escritor foi publicada despois da súa morte.

      Antónimos: maior.
  2. adx [MÚS]
    1. Aplícase a un dos modelos da música occidental que emprega unha escala diatónica cuns graos que teñen distancias entre eles diferentes das da escala maior e que varían segundo segue un modo menor harmónico ou ben melódico.

    2. Aplícase ao intervalo formado por sons que están situados a medio ton menos de distancia do intervalo maior correspondente.

  3. s m [MAT]

    Determinante dunha matriz cadrada que se obtén ao suprimir un certo número de filas e de columnas da matriz inicial.

  4. menor de idade [DER]

    idade.

  5. [MAT]
    1. menor ou igual que

      Signo matemático (≤) que, situado entre dúas cantidades, indica que a cifra da esquerda é menor ou igual ca a cifra da dereita.

    2. menor que

      Signo matemático