maior

maior

(< lat maiŏre)

  1. adx Antónimos: menor.
    1. Que é superior en tamaño a outra cousa.

      Ex: A casa de Mariana é maior ca a túa.

      Antónimos: menor.
    2. Que ten máis idade ca outra persoa.

      Ex: É o maior dos catro irmáns.

      Antónimos: menor.
    3. Que ten máis importancia ou categoría.

      Ex: Foi o maior poeta do século.

    1. adx e s

      Que ou quen alcanzou unha certa idade.

      Ex: Xa es maior para saber o que queres.

      Sinónimos: grande.
    2. s m pl

      Persoas adultas ou de idade moi avanzada.

      Ex: Traballa nun centro para maiores.

    3. s m pl

      Persoas que se consideran antepasados dunha persoa ou raza.

      Ex: Debémoslle moito ós nosos maiores.

    4. maior de idade [DER]

      idade.

    1. adx

      Que é superior ou o primeiro de certas comunidades ou corporacións.

      Ex: O seu sogro é o irmán maior da confraría.

    2. s m [BÉL]

      Denominación que recibe un tenente coronel ou comandante que tradicionalmente tiña a misión de administrar os recursos dunha unidade.

  2. adx e s m

    Aplícase ao terceiro dedo da man entre o índice e o anular. OBS: Tamén se denomina popularmente pai de todos.

  3. adx e s m [MAR]
    1. Pao máis grande dunha embarcación, cando esta ten máis dun.

    2. ela máis grande que se iza nese pao.

  4. adx [MÚS]
    1. Aplícase ao intervalo formado por sons situados á distancia dun ton (segunda maior), dous tons (terceira maior), catro tons e un semitón diatónico (sexta maior), ou cinco tons e un semitón (sétima maior).

    2. Aplícase ao modo que emprega a escala diatónica de cinco tons e dous semitóns en que estes sons se sitúan entre o terceiro e o cuarto e entre o sétimo e o oitavo dos seus graos.

  5. altar maior [RELIX]

    Altar principal dunha igrexa.

  6. causa maior [RELIX]

    Causa reservada da Santa Sé. 

  7. maior de capa [MAR]

    ela triangular e moi reforzada que se enverga en casos de mal tempo.

  8. [MAT]
    1. maior ou igual que

      Signo matemático (≥) que, situado entre dúas cantidades, indica que a cifra da esquerda é maior ou igual que a cifra da dereita.

    2. maior que

      Signo matemático (>) que, situado entre dúas cantidades, indica que a cifra da esquerda é maior que a cifra da dereita.

  9. maior rodona [MAR]

    ela que izan algunhas embarcacións para navegar en popa.

Palabras veciñas

maiólica | Maión, O | maionesa | maior | Maior | Maior | Maior