Menšikov, Aleksandr Daniloč

Menšikov, Aleksandr Daniloč

Político ruso. Foi o conselleiro principal do Tsar Pedro I de Rusia desde 1699, gobernador das provincias occidentais (1703) e príncipe (1707). Ao morrer o tsar, colocou no trono á súa viúva, Catarina I de Rusia (1725), pero polo poder imposto, e coa axuda do partido reformista, a aristocracia impuxo un Consello Supremo que acompañou o goberno da tsarina (1726). Cando esta morreu, a aristocracia acusouno de corrupción e foi desterrado a Siberia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vladimir

  • Deceso

    Lugar : Berezov, Siberia