menú
menú
(< fr menu)
-
s
m
Conxunto dos diferentes pratos que compoñen unha comida.
Ex: Xa me dixo o menú que vai haber na súa voda.
-
s
m
-
Repertorio de pratos que se poden consumir nun establecemento onde se serven comidas.
Ex: O menú dese restaurante é bastante variado e económico.
-
Lista impresa de pratos e bebidas que se poden consumir nun establecemento de hostalaría.
Ex: O camareiro tróuxolles o menú para que elixiran a cea.
Sinónimos: carta.
-
-
s
m
[INFORM]
Listaxe de instrucións ou de opcións ofertadas ao usuario nunha tarefa que se realiza en modalidade conversacional. Os menús aparecen pola pantalla e a selección faise cun lapis óptico, co teclado ou co rato.