menú

menú

(< fr menu)

  1. s m

    Conxunto dos diferentes pratos que compoñen unha comida.

    Ex: Xa me dixo o menú que vai haber na súa voda.

  2. s m
    1. Repertorio de pratos que se poden consumir nun establecemento onde se serven comidas.

      Ex: O menú dese restaurante é bastante variado e económico.

    2. Lista impresa de pratos e bebidas que se poden consumir nun establecemento de hostalaría.

      Ex: O camareiro tróuxolles o menú para que elixiran a cea.

      Sinónimos: carta.
  3. s m [INFORM]

    Listaxe de instrucións ou de opcións ofertadas ao usuario nunha tarefa que se realiza en modalidade conversacional. Os menús aparecen pola pantalla e a selección faise cun lapis óptico, co teclado ou co rato.

Palabras veciñas

mentres | Méntrida | Mentuhotep II | menú | Menuhin, Yehudi | Menura | menúrido -da