mentres

mentres

(< lat dum intĕrim)

  1. conx

    Introduce unha oración e expresa que a acción ocorre ao mesmo tempo ca outra.

    Ex: Podes ir dar unha volta por aí mentres acabo de arranxar o coche.

    Sinónimos: entrementres, namentres.
  2. conx

    Introduce unha oración e expresa que unha acción se contrapón a outra.

    Ex: O irmán de María é un bo estudante mentres ela é bastante vaga.

    Sinónimos: entrementres, namentres.
  3. adv

    Ao mesmo tempo ca outra cousa.

    Ex: Vai quitar cartos; mentres, eu chamo a miña nai desde aquí.

    Sinónimos: entrementres, namentres.

Palabras veciñas

mentona | mentor -ra | mentraste | mentres | Méntrida | Mentuhotep II | menú