Mequinenza
Mequinenza
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, na confluencia do Ebro co Segre (2.486 h [2001]). Predominan os cultivos de cereais de secaño, principalmente cebada e oliveiras, e no regadío, árbores froiteiras. En 1957 construíuse un encoro e unha central hidroeléctrica.