Mercero, Antonio

Mercero, Antonio

Realizador cinematográfico. Especializado en series de televisión e documentais, filmou a súa primeira longametraxe, titulada Se necesita chico, en 1963. Posteriormente rodou La cabina (1973), premiada cun Emmy; La guerra de papá (1977), Espérame en el cielo (1987) e Planta 4ª (2003), pola que obtivo o premio á mellor dirección no Festival de Montréal. Para televisión dirixiu as series Verano azul (1978), Turno de oficio (1986), Farmacia de guardia (1990) e Manolito gafotas (2004).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lasarte