Mérimée, Prosper
Mérimée, Prosper
Escritor. Romántico nos temas e clásico no estilo, foi o renovador do clasicismo na época romántica. Logrou compaxinar a súa carreira administrativa no ministerio de Comercio cos ambientes literarios da época, nos que coñeceu a Stendhal. Comezou cunha serie de obras de teatro, como Cromwell (1822), para dedicarse despois á novela histórica, da que destaca Chronique du règne de Charles IX (1829). Publicou tamén contos e novelas curtas, como Mateo Falcone (1829) ou Le vase étrusque (1830), nos que tratou temas como a violencia ou a crueldade humanas. Da súa produción destacan Les âmes du purgatoire (1834), Colomba (1840) e Carmen (1845), a súa mellor obra.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Cannes