mes

mes

(< lat mense)

  1. s m [CRON]
    1. Cada unha das doce partes en que se divide o ano, que consta de trinta días (abril, xuño, setembro e novembro) ou de 31 (xaneiro, marzo, maio, xullo, agosto, outubro e decembro) agás febreiro que, ou ten 28 ou 29. Os pobos da prehistoria contaban o tempo en lúas, tal como fan agora os pobos primitivos, por iso os primeiros calendarios dos que se teñen noticia estaban baseados na lunación. Máis adiante o desenvolvemento da agricultura deu unha grande importancia ao ciclo das estacións, e comezáronse a elaborar calendarios baseados na duración do xiro da Terra arredor do Sol. Ao principio tentouse construír un calendario solar dividido nun certo número de intervalos de tempo máis pequenos, denominados meses, de tal maneira que as fases da Lúa se repetisen cada ano os mesmos días dos distintos meses, pero viuse que iso era imposible, polo que se tomou como arbitraria a duración dos meses do calendario solar actual e con iso conseguiuse unha subdivisión do ano nun número máis pequeno de unidades, aínda que estas perden, así, toda a relación coas fases da Lúa ou con calquera outro fenómeno natural (ano calendario). OBS: Ademais da denominación xeral, algúns teñen tamén unha nomenclatura popular baseada en labores agrícolas, costumes relixiosos ou festas: mes da Candeloria (febreiro), mes de Nadal (decembro), mes de Santiago (xullo), mes de san Xoán (xuño), mes de Santos ou san Martiño (novembro), mes de santa María (agosto) ou mes do Rosario (outubro).

    2. Período de trinta días.

    3.   Espazo de tempo que vai dun día determinado ata o de igual data do mes seguinte.

      Ex: Está embarazada de cinco meses.

  2. [ASTRON]
    1. s m

      Unidade de tempo baseada nunha división convencional do ano ou ben nas voltas da Lúa ao redor da Terra, referida a algún punto concreto do ceo.

    2. mes anomalístico

      Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo perímetro da súa órbita e que ten unha duración de 27,55455 días (solares medios).

    3. mes draconítico/dragontino/nodal

      Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo nodo ascendente (que antigamente era denominado Cabeza de Dragón), e que ten unha duración de 27,21222 días (solares medios).

    4. mes lunar/sinódico

      lunación.

    5. mes sideral

      Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo círculo horario dunha estrela e que ten unha duración de 27,32166 (solares medios). Coincide, por definición, co período sideral da Lúa.

    6. mes solar

      Tempo que tarda o Sol en percorrer un signo do zodíaco.

    7. mes solar medio

      Intervalo de tempo que resulta de non considerar as fraccións do día correspondentes ás duracións exactas dos meses solares. O mes solar medio resulta, así, sempre da mesma duración.

    8. mes trópico

      Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo círculo horario do punto vernal e que ten unha duración de 27,32158 días (solares medios)

  3. s m

    Cantidade de cartos que se paga ou se cobra por mes.

    Ex: Aínda non lle pagaron o mes.

    Sinónimos: mensualidade. Confrontacións: mesada.
  4. s m [FISIOL]

    menstruación.

  5. mes de María [RELIX]

    Devoción que consiste en honrar a Virxe durante o mes de maio cunha serie de oracións, invocacións e avemarías recollidas nos devocionarios. Acadou unha gran popularidade desde 1850.

Palabras veciñas

Meruéndano Arias, Leopoldo | Merz, Mario | Merza | mes | mesa | Mesa | Mesa