mesa
(< lat mensa)
-
-
s
f
Moble que consiste nunha peza lisa e plana sostida horizontalmente por patas ou pés, que se utiliza para comer, escribir, traballar ou xogar. A mesa seguiu as normas dos estilos decorativos e as súas evolucións. En Exipto sostíñase por patas que imitaban as dun animal. No mundo grecorromano eran de mármore ou bronce e sostíñanse mediante pés entrelazados. No Baixo Imperio Romano e en Bizancio construíanse mesas de metais preciosos. Durante a Idade Media consistía nunha gran peza de madeira sostida por pés moi simples no románico, que se complicaron no gótico. O Renacemento adoptou as formas romanas con patas laterais unidas por travesas con arcadas. O Barroco continuou coas travesas que unían pés en forma de columna salomónica ou de forma de estípite. O s XVIII rexeitou as travesas e simplificou as mesas. O estilo Imperio impuxo as redondas, que tamén se difundiron no s XIX. A partir do s XX a mesa seguíu as directrices do deseño industrial.
-
mesa de levante
Mesa que se pode facer máis longa, estendéndoa polos seus extremos.
-
s
f
-
s
f
Moble preparado co necesario para comer sobre el.
Ex: Ide para o comedor que xa está posta a mesa.
-
s
f
Comida que se lle serve a alguén.
Ex: Están afeitos á boa mesa.
-
s
f
Banco longo que xeralmente non ten respaldo.
-
s
f
[PREHIST]
Monumento prehistórico da cultura talaiótica exclusivo de Menorca, que consta dunha pilastra monolítica de sección rectangular moi alongada, que fai de apoio a unha gran lousa plana, rectangular, colocada en posición horizontal. Están rodeadas por un recinto, case sempre en forma de ferradura. As interpretacións funcionais consideráronas como un elemento construtivo e as relixiosas como un monumento sagrado.
-
s
f
Moble e lugar onde o carniceiro cortaba e vendía a carne.
-
[XOGO]
-
s
f
Maneira de xogar ao billar que consiste en tocar a bola nunha das bandas da mesa.
-
mesa de billar
Táboa grande, cuadrangular, provista de bandas elásticas, recuberta cun feltro verde ben tirante, sobre a que se fan correr as bólas do xogo do billar golpeándoas cos tacos.
-
mesa de pimpón
Mesa de forma rectangular e medidas regulamentarias (2,74 m de longo, 1,525 m de largo e 0,76 m de alto) que ten unha rede divisoria no medio de 15,25 cm de alto, e sobre a que se xoga ao pimpón.
-
s
f
-
s
f
[XEOG]
Recheo estrutural formado por un estrato horizontal illado, de superficie plana e beiras abruptas, moi resistente á erosión.
-
s
f
Pequeno monte de terra entre dous sucos.
-
s
f
[RELIX]
Táboa do altar enriba da que se celebra a misa.
-
s
f
[POLÍT]
-
Conxunto de persoas, presidencia, vicepresidencia e secretariado, que dirixen un parlamento ou corporación.
-
Asociación que se forma para reivindicar uns obxectivos comúns.
-
-
s
f
[DER]
Conxunto de bens ou rendas que ten unha persoa ou corporación eclesiástica.
-
s
f
Plano horizontal dun chanzo.
-
s
f
Estendido do carbón cocido cando se desfai a morea.
-
mesa de cabeceira/de noite
Moble pequeno, xeralmente con caixóns, que se coloca ao lado da cabeceira da cama para os servizos necesarios.
-
mesa de cambio
[HIST/ECON]
Lugar onde os cambiadores poñían as moedas e facían o cambio manual dunhas moedas por outras. Había cambiadores ambulantes, que compraban e vendían, sobre todo nas feiras, onde poñían a mesa -negocio que perdurou ata o s XVIII-, e desde o s XIII, cambiadores sedentarios, establecidos nas cidades, que ademais facían outras operacións, hoxe consideradas bancarias. Durante a segunda metade do s XIII os cambiadores investiron os cartos que tiñan en depósito en operacións comerciais, que ás veces foron mal e os fixeron insolventes. Isto, entre outras reaccións puramente de mercado, provocou a intervención do poder público para protexer os clientes daquelas mesas. As dificultades motivaron, na segunda metade do s XIV, un crecente intervencionismo das cidades na banca, que deu lugar ao nacemento das mesas de cambio municipais.
-
mesa de contratación
[DER]
Organismo que, nas adxudicacións de determinados contratos de obras, decide sobre as diferentes opcións.
-
mesa de operacións
[MED]
Mesa metálica que é fácil de esterilizar e articular e que se usa en cirurxía para colocar o paciente no acto operatorio.
-
mesa do rodicio
Trabe de madeira horizontal que sostén o sistema mecánico do rodicio. OBS: Tamén se denomina raira.
-
mesa electoral
[DER/POLÍT]
Órgano da administración electoral que se encarga de presidir a votación e levar a cabo o escrutinio.
-
mesa petitoria
Mesa instalada nalgún lugar para solicitar donativos para algún fin benéfico ou para recoller sinaturas.
-
mesa redonda
-
Mesa na que non hai un lugar de preferencia para ningún dos comensais.
-
Mesa, nun hotel ou restaurante, na que se sentan todos os hóspedes mesturados.
-
Grupo de persoas versadas nunha materia, que se reúnen para debater sobre un tema, e que teñen un moderador.
-
-
mesa submarina
[XEOG/BIOL]
Relanzo illado, de superficie plana e orixe volcánica, que se atopa entre os 1.000 e 2.000 m de profundidade.