mestruxo

mestruxo
Nome científico: [Coronopus didymus, Fam das brasicáceas]
s m [PLANTA]

Planta herbácea bienal, deitada ou ergueita, de ata 30 cm de altura, que presenta pelos simples, flores pequenas de cor branca agrupadas en acios e froito semiesférico en sílicua. Florece en primavera e verán. É orixinaria de América do Sur e extendeuse a Europa. En Galicia é moi abundante en bordos de camiños e no pé dos muros.

Palabras veciñas

mestrescola | mestría | Meštrović, Ivan | mestruxo | mestruzo | mestura | mesturábel