mestura

mestura

(< lat mixtūra)

  1. s f

    Acción de mesturar ou mesturarse.

    Sinónimos: mistura.
  2. s f
    1. Resultado de mesturar dúas ou máis cousas.

      Ex: O cóctel era unha mestura de ron, lima, zume de limón e azucre.

      Sinónimos: mistura.
    2. Reunión de sentimentos, calidades ou cousas abstractas, diferentes.

      Ex: No seu corazón había unha mestura de amor e odio.

      Sinónimos: mistura.
  3. s f

    Tecido feito de fíos de diferentes fibras e cores.

    Ex: O pantalón non é de algodón puro, leva mestura.

    Sinónimos: mistura.
  4. s f [FÍS]

    Superposición de dous sinais eléctricos ou máis co fin de obter outros de características determinadas.

  5. s f [FÍS/QUÍM]

    Sistema formado por dous compoñentes ou máis, en calquera proporción, que poden separarse por medios físicos. As mesturas constituídas por dous compoñentes son denominadas binarias e son as máis correntes. Pódense considerar diversos tipos de mesturas segundo a fase de cada compoñente. Un destes tipos é o caso dun sólido con outro sólido. No caso de mestura de sólidos con líquidos o obxectivo pode ser a disolución ou dispersión do sólido no líquido. No caso das mesturas de líquido con líquido, preséntanse dúas posibilidades segundo que os líquidos sexan miscibles ou non. Pódense obter tamén mesturas dun gas cun sólido ou ben mesturas dun sólido cun gas. A mestura dun gas cun líquido pódese producir por unha absorción con disolución ou por unha reacción; a mestura dun líquido cun gas poder ser producida por evaporación ou por atomización do líquido. Nunha mestura de gases perfectamente homoxénea, cada gas conserva a súa presión inicial, que é denominada presión parcial. Toda mestura de gases comprende a lei de Dalton ou das presións parciais.

  6. s f [TECNOL]

    Sistema gasoso constituído por aire e carburante que se utiliza nos motores de combustión interna. A relación teórica entre o paso do aire e do carburante necesarios para producir unha combustión completa é denominada relación estequiométrica, e sitúase ao redor de 15. Na práctica, a relación de pesos entre o aire e o carburante, denominada relación de mestura, é diferente do valor estequiométrico durante o funcionamento do motor. Nun motor de explosión a relación da mestura debe ser máis alta ca a estequiométrica cando xira a réxime normal, e máis baixa cando funciona a poucas revolucións ou a plena potencia. Nun motor diésel a relación da mestura é sempre moi inferior á estequiométrica, agás cando funciona a plena potencia. Unha mestura rica é aquela en que a cantidade de aire é insuficiente para a combustión completa do carburante; no caso contrario fálase de mestura pobre.

  7. s f [QUÍM]

    Operación que consiste en mesturar dous compoñentes sólidos ou máis, xeralmente en forma granular ou de po, para obter un produto homoxéneo.

  8. grao de mestura [FÍS]

    Concepto que expresa o grao de desorde termodinámica dunha mestura de fluídos. O grao de mestura dun sistema é nulo cando os parámetros termodinámicos (enerxía libre, entropía) son iguais á suma dos de cada un dos compoñentes. Nun sistema formado por dúas fases separadas por unha parede impermeable, o grao de mestura é nulo.

  9. mestura frigorífica [TECNOL]

    Mestura de dúas substancias ou máis, sendo polo menos unha delas sólida, que se efectúa ao producirse un descenso da temperatura. Este fenómeno prodúcese porque algúns sólidos collen a calor necesaria para a fusión da propia mestura.

  10. método das mesturas [FÍS]

    Método calorímetro que consiste en medir a cantidade de calor producida na evolución dun sistema mediante a diferenza de temperatura que esta evolución provoca nunha substancia que previamente foi mesturada. Este método constitúe o fundamento dos calorímetros da mestura.

  11. pan de mestura

    Pan feito con fariña de trigo mesturada con fariña doutro cereal, xeralmente de centeo.