metalingüística
metalingüística
(< metalingüístico)
-
s
f
[LING]
Código que se emprega para a descrición do mesmo código lingüístico.
-
s
f
[LING]
Estudo das relacións entre a lingua e a realidade extralingüística (cultura, pensamento, sociedade, etc), segundo os lingüistas da escola antropolóxica estadounidense (B. L. Whorf e outros). Segundo B. L. Whorf, a lingua determina a maneira en como o home percibe e concibe o mundo exterior e, consecuentemente, esas concepcións varían en cada un dos pobos porque parten de modelos lingüísticos diferentes (hipótese Sapir-Whorf). Tamén se encontran antecedentes destes estudos en Europa (E. Sapir, A. von Humboldt, E. Cassirer e L. Weisgerber).
-
función metalingüística
[LING]
Función da linguaxe, enunciada por Roman Jakobson, mediante a que se fala sobre o código lingüístico.