metalismo
metalismo
(< metal)
s
m
[ECON]
Teoría monetaria que explica a aceptación do diñeiro en función do valor do metal do que están feitas as moedas. Dá prioridade á función do diñeiro como unha reserva de valor e considera que este só pode ser calculado por comparación con outro valor e que, por tanto, só é posible empregar como medio de cambio os bens dotados dalgún valor material relativamente elevado, respecto ás transaccións normais. Neste sentido constitúe unha variante da teoría nominalista do diñeiro.