metamorfose
(< lat metamorphōsis < grμεταμόρφωσις‘transformación’)
-
s
f
-
Cambio dun ser cando perde a súa forma natural e adopta outra.
Ex: As metamorfoses dos personaxes mitolóxicos foron descritas por moitos artistas.
Sinónimos: alomorfia. -
Transformación física ou moral de alguén ou algo.
Ex: O rapaz experimentou unha metamorfose durante o servizo militar.
-
-
s
f
Aquilo en que se converte unha cousa como consecuencia dun cambio ou tranformación.
Ex: Converteuse nunha metamorfose do que era.
-
s
f
[ZOOL]
Conxunto de cambios morfolóxicos e fisiolóxicos que experimentan determinados animais desde que saen do ovo, en forma de larva, ata que alcanzan o estado adulto. Estes cambios teñen lugar naqueles animais ovíparos en que o ovo non contén bastante vitelo para que o embrión poida estar o tempo necesario para chegar ao estado adulto, polo que o animal inicia en forma de larva a vida libre. A metamorfose preséntase en case todos os grandes grupos zoolóxicos, sobre todo nos anélidos poliquetos, equinodermos, moluscos, insectos, crustáceos e anfibios, nalgúns urocordados e nalgúns peixes. As larvas reciben diferentes nomes segundo o tipo de animal considerado, e a súa fisioloxía e hábitat son xeralmente diferentes dos do animal adulto, aínda que poden ser bastante semellantes, entón a metamorfose denomínase simple ou incompleta, e ten lugar con poucos cambios, mais se, pola contra, a larva é bastante diferente do adulto, a metamorfose denomínase complexa ou completa.