metastable

metastable

(< meta- + estable)

  1. adx [QUÍM/FÍS]

    Aplícase ao estado que, pese a non ser estable teoricamente nunhas determinadas condicións, a súa velocidade de transformación é tan pequena que presenta unha aparencia de estabilidade, polo menos durante un intervalo de tempo non excesivamente longo.

    Sinónimos: metastábel.
  2. equilibrio metastable [FÍS]

    Estado de equilibrio dun sistema físico que é estable ante débiles accións exteriores, pero é inestable ante accións exteriores considerables. OBS: Tamén se denomina falso equilibrio.

  3. estado metastable [FÍS]

    estado isomérico.