metástase

metástase

(< gr μετάστασις‘cambio de lugar’)

  1. s f [PAT]

    Aparición dun ou máis focos morbosos secundarios, baixo a dependencia dun fenómeno idéntico, preexistente noutro lugar do organismo, non contiguo.

  2. s f [PAT]

    Foco infeccioso que procede dun foco principal.

  3. metástase calcaria [PAT]

    Formación de depósitos calcarios e doutros sales dos ósos, en determinadas enfermidades que se caracterizan por abrandamento óseo.

  4. metástase cruzada [PAT]

    Paso do material da circulación venosa á arterial sen atravesar os pulmóns.

  5. metástase directa [PAT]

    Metástase que ten lugar no sentido da circulación sanguínea ou linfática.

  6. metástase neoplástica [PAT]

    Emigración e implantación distante de células neoplásticas.

  7. metástase retrógrada [PAT]

    Metástase en dirección oposta á da corrente sanguínea ou linfática.