Metropolis

Metropolis
[IMAX]

Produción cinematográfica alemá dirixida por Fritz Lang en 1927, interpretada por Gustav Fröhlich, Brigitte Helm e Alfred Abel, entre outros. A acción sitúase en 2026, cando o fillo do dono da gran megalópole se namora dunha rapaza que lidera os obreiros que viven no subsolo. A loita de clases orixina unha revolta coa que acaban os protagonistas, que conseguen que se estableza unha nova orde social.