Metropolitan Opera House
Metropolitan Opera House
Teatro de ópera de Nova York, en Broadway, inaugurado en 1883. Estreouse con Fausto e nel representouse, sobre todo, ópera italiana. Tiña capacidade para máis de 3.600 espectadores e nel actuaron as máis importantes figuras de Europa. Derrubouse en 1996 e déuselle o mesmo nome ao novo teatro que se construíu no Lincoln Center de Nova York, cunha capacidade para 3.800 espectadores.