Meuron, Pierre de

Meuron, Pierre de

Arquitecto suízo. Formouse no politécnico de Zúric e abriu un estudo con Jacques Herzog na súa cidade natal (1978). Caracterizáronse por buscar solucións orixinais aos problemas cotiáns da arquitectura e pola combinación de artesanía e novas tecnoloxías. Realizou a Tate Gallery Extension (Londres, 2000) e recibiu o Premio Pritzker (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Basilea