México, golfo de

México, golfo de

Extensión mariña de América Central, delimitada polas costas do L de México e do S de EE UU e illada do Océano Atlántico polas penínsulas de Florida, Yucatán e a illa de Cuba. Comunícase con este océano polos estreitos de Yucatán e Florida. As costas son chás e areosas. Un feito importante é a penetración polo estreito do Yucatán dunha corrente cálida ecuatorial que eleva a temperatura das augas aproximadamente 5°C e que é a orixe da corrente do Golfo. Dos ríos que desembocan no golfo destacan o Bravo e o Mississippi. É rico en xacementos petrolíferos.