Mexillón de Galicia

Mexillón de Galicia

Denominación de orixe aprobada pola Orde do 17 de outubro de 2000 da Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e ratificado o seu regulamento pola Orde de 2 de agosto de 2001 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agrupa os produtores de mexillón de Galicia das rías de Ares-Betanzos, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mexillóns que se atopen baixo o control deste consello deben cumprir uns requisitos ecolóxicos, como a non manipulación do medio, e sanitarios, pero sen utilizar medicamentos, así como ser comercializados sen conservantes e en envases 100% reciclables.

Palabras veciñas

mexilloeira | mexilloeiro -ra | mexillón | Mexillón de Galicia | Mexillosa | Mexiluide | mexo