Meyerowitz, Joel

Meyerowitz, Joel

Fotógrafo. Axudante de Robert Frank (1962), exerceu tamén como director de arte e deseño e ocasional realizador cinematográfico. A partir de 1976 traballou exclusivamente en cor e as súas imaxes centráronse en rúas e paisaxes. Expuxo a súa obra nos principais museos do mundo, como o MOMA e a George Eastman House, especialmente a serie que realizou na zona cero tras o ataque terrorista do 11 de setembro de 2001 en Nova York. Publicou Cape Light (1978), St. Louis and the Arch (1980) e Tuscany. Inside the Light (2003). Foi nomeado fotógrafo do ano (1981, 1986 e 1990).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York