Mezquita
Mezquita
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas un escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, de ouro, cheo; segundo e terceiro cuarteis, de azul, cheo; brochante sobre o todo un grifón de prata, ranversado. Outra variante leva, en campo de goles, cinco torres de prata, colocadas en aspa.