Mezquita, San Martiño da

Mezquita, San Martiño da

Igrexa situada na Mezquita. Este templo pode corresponderse coa antiga capela do pazo de San Martiño, pola existencia de dous escudos de armas que loce na fachada. Ten unha soa nave e no interior destaca o retablo neoclásico de X. A. Ferreiro. A fachada, tamén neoclásica, acolle a porta flanqueada por columnas acaroadas baixo tímpano. O campanario, austero nas formas, compón o terceiro corpo da fachada construído en cantaría.