Mi Tierra
Mi Tierra
Semanario bilingüe publicado en Vilagarcía de Arousa a partir de 1897. A dirección correu a cargo do poeta Lisardo Rodríguez Barreiro, quen incluíu poemas da súa autoría. Tamén participaron Benito Losada, Alfredo Vicenti, X. Barcia Caballero ou Francisco Añón. Incluíu información local aínda que o peso da publicación estivo nos artigos e nas creacións literarias.