Miami
Miami
Cidade do estado de Florida, EE UU, situada na baía de Biscayne (362.470 h [2000]). É un importante núcleo industrial que produce material eléctrico, maquinaria, plásticos e ten industrias químicas, téxtiles, de materiais para a construción, de fabricación de cemento e de mobles. Terminal aérea e portuaria, é a máis importante de EEUU con destino a Latinoamérica. Fundada en 1870, experimentou un gran crecemento a partir de 1896 coa chegada da liña ferroviaria East Coast Railway. Desde entón é un centro turístico que forma unha conurbación con outras cidades. É o principal núcleo onde se refuxian os exiliados cubanos do réxime castrista.