Micronesia

Micronesia

Conxunto de illas do Océano Pacífico que se estenden entre Filipinas e Indonesia ao O, Nova Guinea ao S e Polinesia ao L. Comprende os arquipélagos de Palau, illas Marianas, illas Carolinas, illas Marshal e as Gilbert. Son, na súa maior parte, illas coralinas con arrecifes que dificultan o acceso ás súas costas, aínda que no O existen algunhas de orixe volcánica. O clima é tropical. A fertilidade do solo favorece o cultivo de legumes e cocos.