Mignard, Pierre
Mignard, Pierre
Pintor francés. Coñecido como Mignard Le Romain, residiu en Italia (1635-1657), onde asimilou a pintura decorativa das escolas boloñesa e romana. Alí comezou a serie de madonas, da que destaca Vierge au Raisin (1645). Chamado á corte por Luís XIV en 1657, en París foi pintor de Ana de Austria, para quen decorou a cúpula de Val-de-Grâce coa Gloire, obra acabada en 1664 nun estilo italianizante. Foi esencialmente un retratista: Maria Mancini, Mme de Montespan, Mme de Maintenon como Santa Francesca, entre outros. Cando morreu C. le Brun, foi director da Academia e pintor de cámara do rei. O seu irmán Nicolas Mignard (Troyes 1606 - París 1668) pintor, coñecido como Mignard de Avignon, traballou para Luís XIV en Aviñón e París.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Troyes -
Deceso
Lugar : París